Phabetia

O alfabeto cirílico

O cirílico non é un alfabeto senón unha familia: cada idioma que o usa ten o seu, cunhas poucas letras de máis ou de menos. Escríbeno máis de douscentos millóns de persoas en Rusia, Ucraína, Bielorrusia, Bulgaria, Serbia, Macedonia do Norte, Casaquistán, Quirguicistán, Mongolia e noutra ducia de países.

Naceu en Bulgaria a finais do século IX, na escola dos discípulos de Cirilo e Metodio, a partir das maiúsculas gregas: por iso o А, o Е, o К, o М, o О e o Т son os mesmos ca en grego e ca no noso. O que despista son as que parecen latinas e non o son —o Р é un R, o С é un S, o Н é un N, o В é un V— e as que se engadiron para os sons eslavos: Ж, Ш, Ч, Ц, Ю, Я.

Boa nova: a maior parte das letras son comúns a todas as variantes. Quen aprende unha le case enteira calquera outra, e o que cambia dun idioma a outro cabe nunha liña. Aquí está a táboa do que comparten todas, e debaixo as demais letras de cada unha, que son as que a distinguen.

As 21 letras que comparten todas as variantes

Maiúsculas Minúsculas Nome Soa como Parece
А а A A
Б б Be B
В в Ve V B
Д д De D A
Ж ж Zhe ZH
З з Ze Z E
К к Ka K
Л л El L
М м Em M
Н н En N H
О о O O
П п Pe P
Р р Er R P
С с Es S C
Т т Te T
У у U U Y
Ф ф Ef F
Х х Kha KH X
Ц ц Tse TS
Ч ч Che CH Y
Ш ш Sha SH

As demais letras de cada alfabeto

Como se aprende en Phabetia

Cada letra nova preséntase primeiro co seu nome e o seu equivalente latino, e hai que recoñecela antes de comezar a practicala. Despois chegan os exercicios: da letra ao seu son, do son á letra, memoria rápida, distinguila da latina coa que se parece, atopar a intrusa, completar unha palabra e lela enteira.

Os caracteres entran de dous en dous ou de tres en tres e non se abandonan nunca: cada nivel arrastra os anteriores. O que se falla volve aparecer axiña e máis veces; o que xa se domina aparece de cando en vez, e o que leva días sen verse volve subir só.

Non hai vidas nin castigo: fallar non interrompe nada. Para pasar de nivel abonda con acertar o 70 %.

Preguntas frecuentes

Cantas letras ten o alfabeto cirílico?

Depende do idioma: 33 en ruso e en ucraíno, 30 en búlgaro e en serbio. As 21 que comparten todos son a maior parte de calquera deles.

Se aprendo o cirílico ruso podo ler ucraíno ou serbio?

Case todo. Comparten a maioría das letras; cada idioma engade unhas poucas propias —o Ї e o Є ucraínos, o Ђ e o Џ serbios— e algunha lese distinto. Apréndense nun intre a partir do que xa se sabe.

Por cal comezo?

Polo do idioma que che interese. Se che é indiferente, o ruso é o máis estendido e o que máis material ten; desde el, os demais son un paso curto.

Outros alfabetos